Especialidades
Coidamos de ti, en cada etapa da túa vida
Na nosa clínica contamos cun equipo médico multidisciplinar que ofrece unha atención próxima, profesional e adaptada a cada paciente. Traballamos con cita previa para garantir o tempo e a dedicación que cada consulta necesita, abarcando distintas especialidades para proporcionarte unha atención integral.
As nosas especialidades

- Medicina xeral
Atención médica primaria para persoas de todas as idades. Ofrecemos unha valoración inicial de síntomas, diagnóstico, prescrición de tratamentos, seguimento de enfermidades crónicas e orientación sanitaria xeral. É o primeiro punto de contacto para calquera necesidade médica cotiá.
- Diagnóstico e tratamento de enfermidades comúns
- Control de patoloxías crónicas
- Seguimento médico personalizado
- Prevención e orientación en saúde xeral
- Enfermaría
Prestamos servizos de curas, administración de inxectables, control de constantes vitais, extracción de mostras e seguimento de tratamentos. Atención rápida, eficaz e personalizada.
- Curas e tratamentos
- Inxectables e extraccións
- Control de tensión e glicosa
- Soporte ao seguimento médico


- Radiodiagnóstico por imaxe
Realizamos radiografías dixitais con equipos modernos, o que permite unha mellor visualización e diagnóstico máis preciso de diversas patoloxías, especialmente traumatolóxicas e torácicas.
- Radioloxía dixital
- Diagnóstico máis preciso
- Exploración non invasiva
- Imaxes para uso clínico ou informes oficiais
- Odontoloxía
Revisións periódicas, limpezas dentais, tratamentos de caries, extraccións e orientación sobre saúde bucodental. Tratamentos para todas as idades.
- Limpezas e revisións
- Extracción de pezas
- Prevención de caries
- Coidado bucodental completo


- Oftalmoloxía
Revisión integral da saúde visual e ocular. Ideal tanto para pacientes con molestias como para os que necesitan certificados ou informes médicos.
- Exploración visual completa
- Control de agudeza visual
- Avaliación para psicotécnicos
- Derivación se se require
- Podoloxía
Estudo, prevención e tratamento de afeccións do pé. Coidamos a túa pisada, a túa hixiene podal e a túa mobilidade.
- Quiropodias
- Estudos da pisada
- Prevención de lesións
- Coidado do pé diabético

Es peregrino do Camiño de Santiago?
Coidámoste no teu camiño, sen perder o ritmo
Caminar o Camiño de Santiago é unha experiencia única… pero tamén pode vir acompañada de molestias físicas, caídas, bochas ou problemas de saúde inesperados. En Clínica Saúde Sarria, situada no pleno centro da vila e a só uns pasos do Camiño, ofrecémosche unha atención médica rápida, próxima e adaptada ás túas necesidades como peregrino.
Sabemos que cada minuto conta cando estás de paso. Por iso, priorizamos as citas para peregrinos e tratamos de ofrecerche unha solución o mesmo día, sen demoras nin desprazamentos innecesarios.

Que podemos facer por ti?
- Curas de bochas, feridas, rozaduras ou infeccións
- Atención a escordaduras, contracturas ou dores articulares
- Control de febre, síntomas respiratorios ou problemas dixestivos
- Emisión de receitas médicas ou informes se necesitas continuar o teu tratamento
- Derivación a outros especialistas se fose necesario
- Xinecoloxía
Atención especializada á muller en todas as etapas da súa vida. Desde controis rutineiros ata planificación familiar ou seguimento do embarazo.
- Revisións periódicas
- Planificación familiar
- Control do embarazo
- Saúde da muller


- Traumatoloxía
Diagnóstico e tratamento de lesións óseas e musculares. Valoramos molestias articulares, dores de costas, escordaduras e máis.
- Atención a lesións
- Valoración da dor articular
- Fracturas e contusións
- Seguimento de traumatismos
- Pediatría
Control do crecemento, vacinas, enfermidades frecuentes e todo o relacionado coa saúde infantil e adolescente.
- Control de desenvolvemento
- Calendario vacinal
- Atención a enfermidades comúns
- Apoio a nais e pais


- Análises clínicas
Realizamos probas analíticas adaptadas a cada caso: análises xerais, perfís hormonais, intolerancias, alerxias, estudos xenéticos e máis.
- Analíticas completas
- Estudos de alerxias e intolerancias
- Perfís hormonais e xenéticos
- Resultados fiables con laboratorios acreditados
- Recoñecementos psicotécnicos
Realizamos recoñecementos oficiais para conducir, armas, seguridade privada e máis. Todo nun mesmo lugar, sen desprazamentos.
- Recoñecementos para carné de conducir
- Certificados para licenzas de armas e seguridade privada
- Aptitudes psicofísicas para embarcacións de recreo, animais perigosos e outros
- Avaliacións para outras licenzas e permisos especiais

Recoñecementos psicotécnicos oficiais
Tramitación completa e sen desprazamentos
Realizamos o recoñecemento e xestionamos todo o trámite por ti.
Non necesitas acudir a Tráfico nin facer xestións externas.
Rápido, cómodo e no mesmo día.